Encontro Municipal de Persoas Maiores, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño na área recreativa de Pedroso.
O programa de actividades deste Encontro de Maiores é o seguinte:
- 9:30 horas.- Chegada dos participantes
- 10:00 horas.- Demostración de actividades (yoga, ximnasia, e obradoiros de memoria, entre outros)
- 13:00 horas.- Clausura das actividades, actuación da Coral de Maiores de Narón, e entrega de premios do II Campionato de Tute de Maiores.
- 14:00 horas.- Xantar.
- 17:00 horas.- Baile e actividades.
- 20:30 horas.- Regreso.
As entradas para participar neste Encontro están á venta nas asociacións de veciños e tamén nas asociacións de maiores de Narón ó prezo de 5 euros, transporte incluido. O Concello habilitará 13 autobuses para trasladar ós maiores das zonas urbana e rural ata Pedroso, onde se instalará unha carpa na que se celebrará o xantar.
Â
A venta de entradas realizarase en dous prazos: do 1 ó 7 de xuño estarán á disposición das persoas que participant nas actividades do programa municipal de atención a maiores, e do 9 ó 14 de xuño poderán mercalas os maiores de 60 anos empadroados en Narón, que non participan nas actividades municipais.
O Encontro Municipal de Persoas Maiores está organizado pola ConcellerÃa de Persoas Maiores e o Servizo Sociocomunitario Municipal, en colaboración co movemento asociativo de Narón.





No user commented in " 10º ENCONTRO DE MAIORES "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!