Se es muller… tes cousas que decir… moito que aportar…
PARTICIPA NO 22 FORO DE CIDADÁS DE NARÓN!!
“As gafas violeta”
Lecturas de manifestos elaborados por asociacións e mulleres de Narón, exposición de traballos feitos por mulleres, elaboración dun mural conmemorativo entre
todas e para rematar compartiremos un café comunitario.

Aberto á participación de todas as mulleres.
As mulleres tomamos a palabra!!! MERCORES 29 DE ABRIL
17:30h.Biblioteca Municipal
**Se tes fillos ou fillas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos e tes algún problema para poder acudir ao Foro, infórmate no Servizo
Sociocomunitario do servizo que se porá en marcha para atendelas durante o transcurso do Foro.
** Se tes persoas dependentes ao teu cargo, infórmate no Servizo Sociocomunitario do servizo que se porá en marcha para atendelas durante o transcurso do Foro.
INFORMACIÓN NO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO: 981-337700, Extensión 1113.

22-foro-cidadans