A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alertou hoxe dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra e doutro costeiro por mar de vento de nivel laranxa previsto para mañá Día 8

Segundo o parte emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, a través da Delegación Territorial en Galicia, a previsión é que o vento do suroeste chegue a acadar os 100 quilómetros/ hora nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo (na Mariña, Centro e Montaña), entre as 10,00 e as 18.00 horas, e que, o resto do día, as rachas máximas alcancen unha velocidade de 80 quilómetros por hora (nivel amarelo).
Recomendacións
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción. Ademais, recoméndase a retirada de obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras, así como evitar o paso preto de edificios en ruínas, árbores, paneis publicitarios, etc. Igualmente, aconséllase aos conductores extremar as precaucións nas estradas por mor de posibles desprendementos de terra e caída de árbores e adecuar a velocidade ás condicións meteorolóxicas. Por último, reiterase a importancia de evitar achegarse a diques, malecóns ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar e suspender calquera actividade acuática.
Ademais, a Xunta de Galicia recomenda consultar a información actualizada sobre o estado das estradas e a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (http://www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Riesgos Importantes y Extremos - A Coruña
Validez: martes 09 de junio de 2009 a las 00:00
Fenómenos previstos
|
Nivel de riesgo Importante
|
|
|---|---|
| Fenómeno |
Viento
Rachas máximas : 100 km/h |
| Ámbito Geográfico | A Coruña |
| Hora de comienzo | lunes 08 de junio de 2009 a las 10:00 hora oficial |
| Hora de finalización | lunes 08 de junio de 2009 a las 18:00 hora oficial |
| Probabilidad | >70% |
| Comentario | El viento del suroeste aumentará a lo largo de la mañana pudiendo alcanzar hacia mediodia los 100 km/h , disminuyendo a lo largo de la tarde |
|
Nivel de riesgo Importante
|
|
|---|---|
| Fenómeno |
Costeros
|
| Ámbito Geográfico | A Coruña |
| Hora de comienzo | lunes 08 de junio de 2009 a las 10:00 hora oficial |
| Hora de finalización | lunes 08 de junio de 2009 a las 20:00 hora oficial |
| Probabilidad | >70% |
| Comentario | mar muy gruesa |






No user commented in " Alerta de nivel laranxa , episodio meteorolóxico adverso por vento en terra e mar para mañá "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!