Aberto o prazo de solicitude para optar a axudas escolares. Os interesados poden obter información e presentar as correspondentes instancias e documentación no Rexistro Xeral do Concello (pranta baixa do Concello) ou no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 horas.

Existen tres tipos de axudas:
- Para material didáctico e escolar
- Para bono bus universitario
- Para comedores escolares.
Esta última axuda estará aberta durante todo o curso escolar 2010/2011 mentres que o prazo de solicitude para as dúas primeiras finaliza o 30 de setembro (material escolar) e o 8 de outubro (bono bus universitario).
Para optar a estas axudas, é necesario cumprir unha serie de requisitos relacionados co nivel de ingresos da unidade familiar, e cubrir unha solicitude xenérica, ademáis de aportar a documentación correspondente en cada caso. Pode consultarse na páxina web do Concello (www.naron.es).




No user commented in " AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE UNIVERSITARIO "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!