Bases do I Concurso de Pintura Cidade de Narón

I Concurso de Pintura Cidade de Narón,

BASES: A A.VV. CEIBE e o Padroado da Cultura do Concello de Narón convocan o I Concurso de Pintura Cidade de Narón, dirixido aos veciños de Narón e os municipios da comarca. Haberá dúas categorías:

  • Infantil/Xuvenil (ata 16 anos)
  • Adultos (a partires dos 17 anos)

A obra será orixinal, podéndose presentar unha obra por autor. Non se poderán presentar obras premiadas noutros certames. A temática será libre. A técnica e estilo serán libres. Os cadros poderán estar enmarcados ou como mínimo deberán estar protexidos con listón e acondicionados para a súa exposición. As medidas serán dun máximo de 80×80 cm. A obras presentaranse sen firma, acompañadas dun sobre pechado onde constarán os seguintes datos: Nome e apelidos do autor Dirección, teléfono e e-mail. Título do cadro, data de execución e técnica. Fotocopia do DNI (por ambas caras) As obras presentadas serán seleccionadas por un xurado, pasarán a fase final do concurso e serán expostas. Farase entrega dun diploma acreditativo a todos os seleccionados para a fase final. Exporanse un máximo de 40 obras, podendo ser ampliado o número polo xurado. As obras serán depositadas no local da A.VV. Ceibe, de San Xiao, ubicado no lugar da A Igrexa s/n (15578 – San Xiao, Narón) dende o dia 2/6/08 ata o 16/6/08 en horario de 19 a 21 horas. A exposición das obras finalistas será dende o día 20/6/08 ata o día 22/ 6/08 en horario de 17 a 21 horas todos os días; e ademais de 12 a 14 horas sábados e domingos. A entrega de premios terá lugar o dia 22/6/08 ás 20 horas no local de la A.VV. Ceibe San Xiao. A retiradas das obras farase o día da entrega de premios, unha vez clausurado o Concurso. A A.VV. Ceibe poñerá o máximo interese no coidado das obras, non obstante, non se responsabiliza dos danos ou roubo das mesmas. O Xurado o estará composto por un membro da directiva da A.VV. Ceibe, un representante un municipal, unha ou varias persoas vinculadas co mundo da pintura e actuando como secretario ó da A.VV. Ceibe. A composición do xurado darase a coñecer ó comezo da fase de selección. O ditame do xurado será inapelábel. Establécense os seguintes premios: Infantil/xuvenil

  • 1º premio: material de pintura
  • 2º premio: material de pintura
  • 3º premio: material de pintura

Adultos

  • 1º premio: 500 Euros
  • 2º premio: 300 Euros
  • 3º premio: 200 Euros

Premio especial Francisco Criado: (incompatible con outros premios) 100 Euros Os concursantes, polo feito de concursar, aceptan as bases do concurso. Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *