CICLO DE CINE EN GALEGO EN 3 ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE NARÓN


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística) organiza un ciclo de cine en galego en diferentes asociacións veciñais do municipio, para dar a coñecer o patrimonio audiovisual galego á cidadanía.

Este ciclo de cine terá lugar os sábados dos meses de abril e maio nas asociacións A Pombiña de Pedroso e A Gándara a partires das 19:00 horas, e na asociación Chafarís do Alto do Castiñeiro os venres a partires das 21:00 horas. En tódolos casos, a entrada é de balde e aberta a tódolos públicos.