Curso “Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito”
Narón: 28, 29 y 30 de xuño (sesións formativas), 1 de xullo (titorías individuais)
Destinatarios/as: persoas cunha idea de negocio ou que estén valorando a posibilidade
de iniciar unha actividade de autoemprego e que queiran avaliar a súa viabilidade.
15 horas de formación e asesoramento empresarial, distribuidas en 3 xornadas de 9 a 14 horas.
Lugar de realización: Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz”, no Polígono da Gándara, Av. Do Mar, parcela 112.
15 prazas dispoñibles: no caso de que o número de solicitudes de inscrición sexa superior ás prazas dispoñibles realizarase un proceso de selección.
Inscricións: ate o 24 de Xuño, entregando o formulario de inscrición no Rexistro do Concello, en horario de 8,30 a 13 horas.
Máis información: Oficina da Técnica Municipal de Emprego, Tlf 981 337700 extensión 1123, Obra Social Caixa Galicia, Tlf 981 186 510, ou no site http://microcreditos.caixagalicia.es
Aportámoslle valor engadido á formación:
Atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego.
Contidos teóricos e exercicios prácticos, organizados en 5 módulos temáticos.
Módulos
Identificación de oportunidades de negocio e definición da idea empresarial (2 horas)
A viabilidade comercial (4 horas) A viabilidade económica (4 horas) A viabilidade financeira(4 horas)
Aspectos legais da creación de empresas e subvencións (1 hora)
Facilitarase unha aplicación informática de cálculo para elaborar o plan de empresa, fichas de traballo e outros materiais.
Asesoramento empresarial complementario ao curso: 1 hora de titoría individual por alumno/a ao finalizar o curso.
Microcréditos Caixa Galicia: as persoas que necesiten financiamento e finalicen o seu Plan de Empresa con resultado viable, poderán presentar a súa solicitude de microcrédito en Caixa Galicia:
- Destinatarios/as: persoas con dificultades de acceso ao financiamento bancario
convencional por insuficiencia de garantías ou avais.
- Importe máximo: 25.000 €.
- Tipo de xuro: 4% fixo (sen gastos de apertura, de estudo, nin de cancelación
anticipada)
- Prazo de amortización: máximo 5 anos, ata 6 meses de carencia opcionais.
Via|Web del Concello de Naron





No user commented in " Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un Microcrédito "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!