Serviran para continuar cos programas de dinamizacion das parroquias de Pedroso, Piñeiros e O Couto respectivamente.

En concreto, firmaronse acordos coa Sociedade Recreativa e Cultural A Pombiña (Pedroso), a Asociacion Cultural Areosa (Piñeiros), e a Asociacion de Veciños de O Couto.
O Concello achegara 8.000 euros a SCR A Pombiña, e unha cantidade semellante a AVV de O Couto, mentres que a Areosa correspondelle unha achega de 6.000€. Entre as tres entidades suman 22.000 euros de aportacion municipal, que o Alcalde agarda non ter que reducir no 2011 se o Estado incrementa a sua aportacion os concellos nos Orzamentos Xerais do Estado de 2011.

Pola sua banda a Concelleira de Participacion Cidada de Naron, concluiu o acto agradecendo “e valorando moitisimo o traballo que fan as entidades tanto as da zona urbana coma as do rural. Axudades a facer cultura e a dinamizar os barrios e as parroquias, e o Concello ainda que dispuxese de mais cartos non seria capaz de facer esta labor en solitario”, comentou.

Os convenios asinados hoxe serviran para desenvolver as seguintes actividades:

-Sociedade Recreativa e Cultural “A Pombiña”: servizo de biblioteca, encontro anual de teatro afeccionado, programa de musica coral, e actividades periodicas (banda de musica da SCR A Pombiña, Antroido, Musica e Coral, cursos de cociña, Dia da Musica, Dia do socio, Exposicion de manualidades, Festa do rio, Batuka, Bailes de Salon, Letras Galegas, Magosto, Manualidades, Mostra de Corais, Musica e solfeo, actividades de Panxoliñas, Reis Magos, San Xoan, San Xose e Semana Santa) .

-Asociacion Cultural “Areosa”: Festa do socio, Certame de Habaneras, Maios, Magosto, Festival de panxoliñas, Canto coral, maraton de lectura-Dia do libro, e Antroido.

-Asociacion de Veciños de O Couto: programa Tempo de Musica, apertura do Mosteiro do Couto para visitas, teatro afeccionado, festival do antroido, festival de musica sacra, festa das letras galegas, Os maios, lumeirada de San Xoan, Festa do Pemento do Couto, Magosto, Festival da 3ª idade, Canto coral e Festival de Reis.