O Concello de Narón acaba de convocar o I Concurso de Redacción “Día das Letras Galegas 2010” con motivo da conmemoración desta data (dedicada este ano a Uxío Novoneyra) e do Día de Internet, que se celebran o día 17 de maio. Na presentación deste premio participaron hoxe a Concelleira de Novas Tecnoloxías, e o Concelleiro de Cultura, xa que ambas delegacións son as promotoras do concurso.
Poderá participar o alumnado de Educación Primaria e Secundaria e as persoas maiores de 16 anos. Os únicos requisitos para facelo son presentar os traballos de redacción en galego e que estes non fosen publicados nin premiados noutros concursos. Os traballos enviaranse a través de Internet a partir de hoxe e ata o 30 de abril. Para participar é necesario cubrir un formulario existente na web municipal (www.naron.es) e achegar a redacción como arquivo adxunto.

As cartas serán colgadas neste sitio web, e haberá tres premios por cada categoría. Establécense as seguintes:
Educación Primaria*
-1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-3º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) *
-1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
-2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ )
*Os premios de Primaria e ESO serán recibidos en forma de vale, que poderá ser trocado por material escolar ou informático.
Adultos (a partir dos 16 anos e que non estean cursando a ESO)
1º premio: 100€ / 2º premio: 75€ / 3º premio: 50€)
O nome dos gañadores publicarase na web do Concello o día 10 de maio. Para máis información, pódese consultar esta páxina ou chamar ó Servizo de Normalización Lingüística do Concello (981 33 77 00 –extensión 1516)
Más Información en :concellodenaron.com




No user commented in " Día das Letras Galegas 2010 "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!