O Concello organiza este evento na área recreativa de Pedroso con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ó longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón.O Encontro de Maiores está dirixido a persoas de máis de 60 anos de idade, empadroadas no Concello. Está pensado coma unha convivencia de persoas maiores arredor dun programa de actos que se desenvolve ó longo da xornada, e que inclúe actividades gastronómicas, unha exposición de traballos e de actividades feitas ó longo do curso, actuacións artÃstico-expresivas, xogos populares tradicionais, baile e actos protocolarios.
O programa de actos é o seguinte:
10:00 h.- Chegada de participantes (haberá 13 autobuses que percorrerán as parroquias e barrios de Narón para achegar ás persoas ata o lugar do encontro) *
10:30 h.- Demostración de actividades: aulas abertas de ioga, ximnasia e bailes de animación.
12:30 h.- Actuacións das cantareiras.
12:45 h.- Actuacións da Coral do Grupo de Maiores.
13:45 h.- Actuación do Grupo de Cancións de Animación.
13:30 h.- Clausura dos actos e acto de benvida a cargo do Alcalde de Narón.
14:00 h.- Xantar.
17:00 h.- Baile.
20:30 h.- Fin do encontro e regreso.
Ademáis destas actividades, durante toda a xornada haberá obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesanÃa e circuÃtos saudables.
A Concelleira de Maiores agradeceu a implicación e o apoio constante do movemento asociativo (asociacións de maiores e asociacións de veciños) de Narón na organización deste encontro, e animou a tódalas persoas destas idades a participar mañá no mesmo.
*Para facilitar o traslado dos participantes, sairán autobuses de diferentes puntos do municipio nos seguintes horarios:
9:30 h.- O Val e San Mateo (2 autobuses)
9:45 h.- Centros de Maiores, Alto do Castiñeiro e AVV ChafarÃs (2)
9:45 h.- Piñeiros e Freixeiro (2)
9:30 h.- Virxe do Mar e Xuvia (1)
9:30 h.- Santa IcÃa e A Gándara (2)
9:30 h.- Coral Municipal de Persoas Maiores (1)
9:30 h.- Centros de Maiores da Solaina e o Alto (2)
9:30 h.- San Xiao, Castro, e Sedes (1)





No user commented in " ENCONTRO DE MAIORES EN PEDROSO 2010 "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!