A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, presentou hoxe en rolda de prensa a primeira Feira de Maquinaria Agrícola e Arbores Froiteiras e Ornamentais, que se celebrará no Recinto Feiral do Trece (Sedes) os días 13 e 14 de marzo. Este evento está organizado pola empresa Sedega, e conta co patrocinio do Concello de Narón.

A organización disporá dun espazo total de 1.836 metros cadrados destinados a exposición, divididos entre 836 m2 de interior e 1.000 m2 de exterior. Alí se amosarán os aparellos agrícolas e as árbores dos expositores, que non deberán superar en número os vinte, xa que disporán de espazos de entre 20m2 e 80 m2 de superficie cada un deles. O programa da Feira contempla a exposición da maquinaria agrícola o sábado, e o domingo será o turno das árbores froiteiras e ornamentais.
Nesta 1ª edición da Feira de Maquinaria Agrícola e Arbores Froiteiras e Ornamentais se exporá fundamentalmente maquinaria de xardinería, agrícola, e forestal. Tamén árbores frutais e outras variedades ornamentais autóctonas . Ademáis, a organización ofrecerá servizos de gardarroupa, información, ludoteca e ambigú para os visitantes.

O programa desta feira é o seguinte:

SABADO 13 DE MARZO.- Feira da Maquinaria
De 11 a 14 horas:
-Pregón do Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco.
-Mostra audiovisual.
-Mostra de uso de maquinaria: compostadora.
-Exposicións de maquinaria agrícola.

De 16 a 20 horas:
-Mostra audiovisual.
-Mostra de uso de maquinaria.
-Expositores de maquinaria.
-Exhibición de Motoserras: Still.

DOMINGO 14 DE MARZO.- Feira de árbores autóctonas e ornamentais
De 11 a 14 horas:
-Mostra audiovisual.
-Taller de poda: consellos e prácticas.
-Expositores de árbores froiteiras e ornamentais.

Via|naronconcello.org