O rexedor local aseguraba no pleno non ter coñecemento sobre o estado dos trámites e onte mesmo recoñecía de novo non ter información oficial ao respecto sobre esa axuda económica. Pero a situación parece estar totalmente clara na administración autonómica. Fontes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas confirmaron a este diario que un equipo técnico da Xunta está supervisando actualmente o proxecto presentado hai uns meses polo Concello para acometer a segunda fase do saneamento na parroquia de San Xiao.

“Unha vez que obteña o visto bó, procederase a licitar as obras”, indicaron desde Medio Ambiente. Os traballos proxectados en San Xiao suporían á mencionada consellería un desembolso de 1.025.682 euros, prezo no que se prevé licitar a intervención. O prazo estimado de execución das obras é de oito meses. “O que queremos no Concello é que se executen esas obras de saneamento, e se a Xunta quere subvencionar tamén os cinco millóns das obras pendientes en Sedes e Doso, mellor aínda”, subliñaba o alcalde.

Esta segunda fase das obras de saneamento en San Xiao comprende a zona localizada entre o Pazo Libunca e a parte superior desa área, hacia Sedes, e implica a colocación duns seis quilómetros de colectores por gravidade, sen bombeos. Da intervención beneficiaranse un total de 125 vivendas e, con cargo á mesma, tal e como se indicou desde a empresa Cosma, quedaría completado nalgo máis do 95% o saneamento da parroquia. Na primeira fase, en 2007, dotouse do servizo a algo máis de cen vivendas e o pasado ano realizouse unha pequena intervención en Forxas para 25 vivendas.

Noticia completa en DiariodeFerrol.com