Os ladróns entraron na casa, situada na parroquia de San Xiao de Narón,

A Policía Nacional busca os autores dun roubo nun chalé da zona rural do concello de Narón. Os ladróns entraron na casa, situada na parroquia de San Xiao de Narón, por unha ventá tras saltar o valado que rodea a videnda. Os sistemas de alarma funcionaron e, malia que os donos estaban de vacacións, en poucos minutos a Policía Nacional chegou ao lugar alertada polos familiares. Aínda así, os ladróns lograron fuxir levando un reloxo valorado nuns 800 euros. A Policía Nacional agarda poder visionar as gravacións das cámaras de seguridade para poder dar cos autores do roubo.

Mais este non foi o único roubo. A preocupación dos veciños da zona rural de Narón, moitos deles persoas maiores, levou a policía local a intensificar a vixilancia nas parroquias. Entre as medidas de prevención os axentes están a manter xuntanzas coas asociacións veciñais en que se lles dan consellos para previr roubos nas súas casas. Os axentes manterán o mércores vindeiro un encontro informativo cos veciños do Val, unha das parroquias onde se están a rexistrar maior número de roubos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *