A programación cultural do segundo trimestre do Pazo da Cultura, que se desenvolverá entre o 8 de abril e o 5 de xuño inclúe un total de 9 espectáculos, entre os que destacan 2 óperas, 4 representacións teatrais, un concerto, e unha actuación de danza.

8 de abril co concerto de Mª Dolores Pradera, ás 20:30 horas. As entradas costarán 20€ e a actuación forma parte da xira especial de concertos por España e Latinoamérica na que a artista presentará un espectáculo cálido e intimista, en formato acústico, no que interpreta o mellor do seu repertorio.

17 de abril coa comedia Noites de Retranca, na que participan Sergio Pazos, Luis Zahera e Manquiña. Trátase dun show de humor, crítica e moita retranca. As entradas costarán 15€ e o espectáculo, que comenzará ás 20:00 horas, é para maiores de 14 anos.

23 de abril se representará a ópera Madame Butterfly, de G. Puccini. É un clásico para tódolos públicos, estructurada en tres actos e as entradas costarán 20 euros. Dará comenzo ás 20:30 horas, e durará duas horas e media.

7 de maio tamén será o turno da ópera, coa obra Otello (o prezo das entradas, a hora de comenzo e a duración do espectáculo é similar á anterior).

15 de maio, co espectáculo Cerrado por Aburrimiento, de Matarile Teatro. As entradas costarán 8 euros, a hora de inicio será as 20:00, e a duración estimada é de 1 hora e 40 minutos.

16 de maio haberá representación teatral, esta vez coa obra Adulterios, de Adulterio Producciones. O espectáculo está patrocinado por Caixa Nova, e dará comenzo ás 19:00 horas, costando as entradas 15 euros e estando recomendado para maiores de 14 anos.

22 de maio se representará a obra Sempre quixen bailar un tango, a cargo de Teatro Galileo. Será ás 20:00 horas, cunha entrada de 8 euros, e para maiores de 14 anos.

A programación cultural de primaveira do Pazo da Cultura se pechará coa compañía de danza de Aída Gómez que actuará o 5 de xuño ás 20:00 horas. As entradas costarán 15 euros.