A nova norma está recollida no artigo 33 (apartado 0) Nº. de boletín 187, o texto prohibe o

estacionamento de vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venda na vía pública. Considerarase que están nesta situación cando permanezan con carteis anunciadores e durante un tempo superior ás 24 horas nas vías públicas.
A multa está considerada coma unha infracción leve, cun coste de 90 euros para o seu destinatario, que poderá ser sancionado reiteradamente, ata que retire o vehículo da vía pública. A Deputación Provincial da Coruña será a encargada de tramitar as multas.

Artigo 33.Prohibicións.

Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento xeral de circulación, queda prohibido o estacionamento nos casos e lugares seguintes:

a) Onde o prohiban os sinais correspondentes.

b) Nun mesmo lugar da vía pública durante máis de 30 días consecutivos.

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.

d) Nas zonas reservadas para estacionamento de vehículos de servizo público e organismos oficiais, servizos de urxencia ou policía.

e) Cando o vehículo estacionado deixe para a circulación rodada unha anchura libre inferior á dun carril de tres metros.

f) Nas rúas de dobre sentido de circulación nas cales a anchura da calzada só permita o paso de dúas columnas de vehículos.

g) Cando se obstaculice a utilización normal dos pasos rebaixados para persoas de mobilidade reducida.

h) En condicións que dificulten a saída doutros vehículos estacionados regulamentariamente.

i) Nos lugares habilitados pola autoridade municipal como de estacionamento con limitación horaria, sen colocar o distintivo que o autoriza na parte interna do parabrisas, de maneira que sexa totalmente visible e lexible desde o exterior.

j) Nos lugares habilitados pola autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal, cando colocando o distintivo que o autoriza se manteña estacionado o vehículo en exceso sobre o tempo máximo permitido pola ordenanza reguladora desta clase de estacionamento.

k) Diante dos lugares reservados para colectores do servizo municipal de limpeza, impedindo o acceso a eles ou a súa retirada.

l) Nas vías públicas, os remolques, separados do vehículo motor.

m) De forma distinta a como se indica nas marcas e liñas de estacionamento ou fóra dos límites do perímetro marcado.

n) En dobre fila, en calquera suposto.

o) Vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venda en vía pública. Considerarase que está nesta situación, cando permaneza con carteis anunciadores e durante un tempo superior a 24 horas nas vías públicas do termo.

p) Na calzada, de maneira diferente á determinada no artigo 28 desta ordenanza.

q) Nos lugares debidamente sinalizados temporalmente con tal prohibición, debido a actos públicos, obras ou outras causas.

r) Onde estea prohibida a parada.

s) Nos vaos, sinalizados como tales mediante placa de licenza municipal, ocupándoos total ou parcialmente.

t) Nas prazas de estacionamento reservadas para persoas con tarxeta de uso exclusivo para persoas con mobilidade reducida.

u) En zonas acoutadas e sinalizadas especificamente pola Policía local para reservas de espazo público.