O local social de San Xiao está sendo obxecto das primeiras reformas que a Concellería de Servizos está acometendo neste tipo de edificios municipais. As cinco actuacións previstas acométeas a empresa Moncina e financiaranse con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.
A intención da área de Servizos e renovar totalmente a actual imaxe dos locais sociais de Narón, mellorando tanto o seu aspecto como a súa estética, subliñou Mauriz, para así “facer que sexan máis acolledores”.

As intervencións permitirán tamén subsanar unha serie de problemas que, desde hai tempo, se detectan nas construcións, como as entradas de humidades e as perdas de calor, apuntou o edil de Servizos.
O proxecto para reformar as fachadas de cinco locais sociais do municipio completarase, no caso do do Val e A Gándara, cos traballos de ampliación dos edificios, que tamén executará a compañía Moncina. No caso do Val, a actuación suporá un desembolso de 142.207 euros, e no da Gándara, de 168.497, partidas ambas procedentes do fondo estatal.
O concelleiro Pablo Mauriz incidiu en que todos estes proxectos, xunto con outros que se están a realizar, “permitirán dar un cambio importante á estética do concello de Narón, unha idea na que se está a traballar desde a Concellería de Servizos”.
Fuente|diariodeferrol.com - Viernes 5 de Junio de 2009





No user commented in " Se iniciaron las obras de reparación de la fachada del local social de San Xiao "
Follow-up comment rss or Leave a TrackbackQueremos saber tu Opinión, déjanos tu comentario!