A COPA DO MUNDO DE FÚTBOL ESTARÁ ESTE DOMINGO EN NARÓN

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, confirmou hoxe que a Copa Mundial de Fútbol acadada pola selección española no pasado Mundial de 2010 estará en Narón o día 15 de xaneiro. A cita será no hall do Pazo da Cultura de Narón, con entrada libre para todos/as os que queiran admirar e fotografiarse con este trofeo, que ten unha altura de 36,8 centímetros e cinco kilos de peso.

A Copa está realizada en oro mazizo de 18 quilates e nela se representan dúas figuras que suxeitan o planeta. A Selección Española de Fútbol conseguíu o trofeo no último Mundial, celebrado no 2010 en Sudáfrica.

O horario de visita será de 12 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. O delegado da Federación Galega de Fútbol, Manolo Mesa, entregará o trofeo ó Concello ás 12:00 horas, para a súa colocación no vestíbulo do Pazo da Cultura, onde poderá ser visitado.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.