Archivo de la categoría: Cursos

cursos “INTERNET NO RURAL”

  • Todos os solicitantes desta acción formativa deben obrigatoriamente estar empadroados no Concello de Narón.
  • Teñen prioridade absoluta, todos os participantes que non realizaron cursos anteriormente.
  • Os grupos serán de 10 persoas con portátil.
  • Cada candidato debe cubrir unha solicitude con unha única opción (soamente se marcara a parroquia elixida); en casa de dobre elección, a solicitude quedara invalidada.
  • As solicitudes deberan ser cubertas, asinadas e entregadas no rexistro do Concello (Planta Baixa).
  • A orde de inclusión no curso será por número de rexistro de entrada.
  • As solicitudes deben ser presentadas antes do 25 de Setembro de 2009.
  • Horarios de los Cursos

    Sedes: Xoves de 17:30 a 19:30cursosdeinformatica
    Castro: Luns de 18:00 a 20:00
    San Xiao: Mércores de 11:30 a 13:30
    Pedroso 1: Mércores de 19:00 a 21:00
    Pedroso 2: Xoves de 19:00 a 21:00
    O Val 1: Mércores de 9:00 a 11:00
    O Val 2: Martes de 18:00 a 20:00

    Información|naronconcello.org

    CHARLAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E EDUCACIÓN VIARIA PARA PERSOAS MAIORES

    logo_policia_local-naron27 de maio: Local Social de San Xiao (ás 19 horas) Os interesados poden inscribirse no Local Social.
    As impartirán axentes de policía e bombeiros, en locais sociais e centros de maiores.

    A Concelleira de Persoas Maiores, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de Charlas de Seguridade Cidadá e Educación Viaria para Persoas Maiores. Trátase dunha iniciativa na que participarán axentes da Policía Local, Policía Nacional e Bombeiros do parque de Ferrol, e que terá lugar nos meses de maio e xuño.
    Os maiores de 65 anos de idade poderán asistir a estas clases nas que se lles ensinarán medidas de autoprotección en materia de seguridade cidadá, para evitar hurtos, timos, estafas e mesmo tiróns de bolsos ou outros obxectos. A Policía Nacional será a encargada de desenvolver estas conferencias.

    Seguir leyendo CHARLAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E EDUCACIÓN VIARIA PARA PERSOAS MAIORES

    CURSO PARA APRENDER A USAR O TELÉFONO MÓVIL

    cursosdetelefono

    Está dirixido a persoas maiores, é gratuito e se celebra os días 26 e 27 de marzo. 

    As Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores e Igualdade veñen de organizar un curso sobre o uso do teléfono móvil, que será impartido por profesionais da empresa Vodafone. Baixo o título “Aprende a usar o teu móvil”, o curso teñe unha duración total de tres horas nas que se explicará ás persoas maiores o manexo básico destos aparatos, así coma certos trucos para empregar o terminal e a batería do xeito máis rentable, e facer uso dos elementos de seguridade.

    Haberá un curso na zona urbana e outro na zona rural.

      O primeiro será o día 26 de Marzo no Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores (rua Illa San Vicente, nº1)
      o segundo o día 27 de Marzo, no Centro de Maiores de Pedroso.

    Ambos se celebrarán en horario de 10:00 a 13:00 horas.

    Os interesados poden inscribirse nos propios centros de maiores nos que se desenvolverán estos cursos, que son gratuitos. O Concello estableceu un total de 25 prazas para cada un deles.