Archivo de la categoría: Información General

600 preguntas sobre tus derechos en Facua.org

Interesante recurso para conocer los derechos de los consumidores , FACUA tienen un servicio de asesoramiento gratuito que FACUA pone a disposición de todos los consumidores. Aquí podrás encontrar respuestas a más de 600 preguntas sobre tus derechos.

Si quieres poner en conocimiento de FACUA algún fraude o abuso, envíanos tu denuncia. Con ella puedes alertarnos para actuar en defensa de los consumidores afectados por ese u otros problemas similares.

 

Y si necesitas un estudio personalizado de tu caso y nuestra ayuda para defender tus derechos, asóciate a FACUA.

Enlace| Facua.org

NARON | FESTIVAL DE COMPARSAS DO ENTROIDO

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 18 de febreiro o tradicional Festival de Comparsas organizado polo Padroado de Cultura de Narón. Será a partires das 18:00 horas, e para asistir como público será preciso retirar as entradas (gratuitas) nas billeteiras do Pazo a partires do día 13 de febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas. Entregaranse un máximo de dúas invitacións por persoa.

As comparsas se concentrarán ás 17:00 horas na Praza de Galicia, para saír en pasacalles cara ó Pazo da Cultura entorno ás 17:30 horas. Media hora despois dará comezo o Concurso de Comparsas, coa participación das seguintes agrupacións:

-A Canteira (Neda)
-Os Xunquiños (Fene)
-A Revolta (Ferrol)
-Os Colludos (da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón)
-Parrandolos (de Piñeiros, Narón)
-Argalleiros (de A Gándara, Narón)

O prazo de inscrición para o resto de comparsas de Narón (poden participar un máximo de 3 comparsas de fora e 8 comparsas de Narón) está aberto ata o día 16 de febreiro no Pazo da Cultura, quedando aínda por anotarse as comparsas Os Nenos de Lola (Virxe do Mar) e Troupele, Troupele (A Gándara).

As letras a interpretar por parte das comparsas falarán obrigatoriamente de temas locais e o idioma que empregarán é o galego. Cada agrupación estará formada por un mínimo de 15 membros, e deberán ser na súa maioría persoas de maís de 14 anos de idade.

Respecto ás actuacións, cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar, nos que con bo humor, fará crítica de todo o acontecido en Narón no ano 2011. O Padroado de Cultura asigna unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, fixada en 400€ para comparsas de fora de Narón e 800€ para comparsas de Narón.

A COPA DO MUNDO DE FÚTBOL ESTARÁ ESTE DOMINGO EN NARÓN

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, confirmou hoxe que a Copa Mundial de Fútbol acadada pola selección española no pasado Mundial de 2010 estará en Narón o día 15 de xaneiro. A cita será no hall do Pazo da Cultura de Narón, con entrada libre para todos/as os que queiran admirar e fotografiarse con este trofeo, que ten unha altura de 36,8 centímetros e cinco kilos de peso.

A Copa está realizada en oro mazizo de 18 quilates e nela se representan dúas figuras que suxeitan o planeta. A Selección Española de Fútbol conseguíu o trofeo no último Mundial, celebrado no 2010 en Sudáfrica.

O horario de visita será de 12 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. O delegado da Federación Galega de Fútbol, Manolo Mesa, entregará o trofeo ó Concello ás 12:00 horas, para a súa colocación no vestíbulo do Pazo da Cultura, onde poderá ser visitado.

Xornada de economía social en Narón

O Centro de Desenvolvemento Cooperativo Narón, Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa Do Val, desenvolverá mañá de 9.30 ás 13.30 unhas xornadas sobre cooperativas e sociedades laborais.
Persoas Destinatarias:
Público en xeral.


Obxetivo:
Ofrecer unha visión xeral sobre o cooperativismo e as sociedades laborais como
alternativas viables e interesantes de emprego.
Programa:
09:30 – 09:45h Recepción dos asistentes e entrega de documentación
09:45 – 11:00h Cooperativismo e sociedades laborais: Principais diferenzas
con outros modelos empresariais.
11:00 – 13:00 h Mesa de experiencias con dúas cooperativas e dúas sociedades laborais.
13:00 – 13:30h Debate e preguntas

 

DATA   06/10/2011 HORARIO  09:30 H – 13:30 H.

LUGAR DE REALIZACIÓN  Centro de Desenvolvemento Cooperativo Narón.

Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa Do Val.

TELÉFONO  981 36 35 56/ 617 714 265

enderezo electrónico  [email protected]