Se iniciaron las obras de reparación de la fachada del local social de San Xiao

logodiariodeferrolO local social de San Xiao está sendo obxecto das primeiras reformas que a Concellería de Servizos está acometendo neste tipo de edificios municipais. As cinco actuacións previstas acométeas a empresa Moncina e financiaranse con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.

A intención da área de Servizos e renovar totalmente a actual imaxe dos locais sociais de Narón, mellorando tanto o seu aspecto como a súa estética, subliñou Mauriz, para así “facer que sexan máis acolledores”.
obraslocalsocialdesan-xiao
As intervencións permitirán tamén subsanar unha serie de problemas que, desde hai tempo, se detectan nas construcións, como as entradas de humidades e as perdas de calor, apuntou o edil de Servizos.

O proxecto para reformar as fachadas de cinco locais sociais do municipio completarase, no caso do do Val e A Gándara, cos traballos de ampliación dos edificios, que tamén executará a compañía Moncina. No caso do Val, a actuación suporá un desembolso de 142.207 euros, e no da Gándara, de 168.497, partidas ambas procedentes do fondo estatal.

O concelleiro Pablo Mauriz incidiu en que todos estes proxectos, xunto con outros que se están a realizar, “permitirán dar un cambio importante á estética do concello de Narón, unha idea na que se está a traballar desde a Concellería de Servizos”.

Fuente|diariodeferrol.com – Viernes 5 de Junio de 2009

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.