Archivo de la etiqueta: 4 ds

Solidariedade coas mulleres do mundo: a situación das mulleres en zonas de conflicto

Nova edición do Foro de Cidadás, a situación das mulleres en zonas de conflicto” e consistirá nunha conferencia e na proxección dun vídeo a cargo da Marcha Mundial das Mulleres. As participantes poderán asistir á proxección do vídeo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, e á curtametraxe documental “Crímenes Invisibles” de Wim Wenders, na que se lle dá voz ás mulleres do Congo.
A nova cita será o xoves 30 de setembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal do Alto. A finalidade do Foro de Cidadás é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres, onde establecer redes de apoio mútuo, compartir experiencias e intercambiar opinións. Ademáis, tamén serve como nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello, fomentando a participación das mesmas, e exercendo os seus dereitos.

O Concello pon a disposición pública un servizo de atención para as mulleres con persoas dependentes ou menores ó seu cargo, durante o tempo que dure o Foro. As interesadas deberán solicitalo no Concello, no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113) con 4 días de antelación.