Archivo de la etiqueta: Charlas

CHARLAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E EDUCACIÓN VIARIA PARA PERSOAS MAIORES

logo_policia_local-naron27 de maio: Local Social de San Xiao (ás 19 horas) Os interesados poden inscribirse no Local Social.
As impartirán axentes de policía e bombeiros, en locais sociais e centros de maiores.

A Concelleira de Persoas Maiores, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de Charlas de Seguridade Cidadá e Educación Viaria para Persoas Maiores. Trátase dunha iniciativa na que participarán axentes da Policía Local, Policía Nacional e Bombeiros do parque de Ferrol, e que terá lugar nos meses de maio e xuño.
Os maiores de 65 anos de idade poderán asistir a estas clases nas que se lles ensinarán medidas de autoprotección en materia de seguridade cidadá, para evitar hurtos, timos, estafas e mesmo tiróns de bolsos ou outros obxectos. A Policía Nacional será a encargada de desenvolver estas conferencias.

Seguir leyendo CHARLAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E EDUCACIÓN VIARIA PARA PERSOAS MAIORES