Archivo de la etiqueta: Concello

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO ARQUIVO MUNICIPAL DE NARON

A estará dirixida polo historiador municipal Andrés Pena, técnico en Historia, Arquivo e Arqueoloxía. Se desenvolverán en grupos de 5 persoas, establecéndose unha duración de 20 minutos por cada visita, e se realizarán entre as 11 e as 13 horas do xoves dia 9 de xuño.
Terán a oportunidade de coñecer os fondos documentais do Concello, formados por libros, folletos e reproduccións de documentos antigos. Tamén poderán contemplar na sala de investigadores do Arquivo Municipal, unha pequena exposición na que se detallará o antes e o despois da creación do Concello de Narón e a visión da historia deste municipio.

Horario de visitas: (imprescindible inscribirse previamente) no enderezo a.pena@naron.es ou ben no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1007).

  • -De 11 a 11:20 horas.
  • -De 11:20 a 11:40 horas.
  • -De 11:40 a 12:00 horas.
  • -De 12:00 a 12:20 horas.
  • -De 12:20 a 12:40 horas.
  • -De 12:40 a 13:00 horas.

SOLICITUDE PARA AS ESCOLAS INFANTÍS EN NARON

Escolas Infantís de Narón, A Solaina, Piñeiros, e A Gándara.
Prazo de inscripción para o curso 2011-2012: ata o 31 de marzo.

As inscripcións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Documentación a aportar:

  • -Solicitude oficial do Concello (se pode descargar aquí, ou recoller no Rexistro Xeral Municipal, e nas EIM)
  • -Fotocopia do DNI dos país.
  • -Fotocopia do Libro de Familia.
  • -Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • -Informe de vida laboral dos país
  • -Fotocopia da Declaración da Renda ou xustificante conforme está exento.

SOLICITUDE AQUÍ

DESEMPREGADOS DE NARÓN | CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN

“Camiño de Emprego” Trátase dunha serie de cursos (9 en total) dirixidos a persoas desempregadas que estean empadroadas no Concello de Narón. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ata o día 16 de outubro.

As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación: solicitude oficial (entrégase no Rexistro), unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, e o currículum vitae académico, de formación profesional e de experiencia laboral. Posteriormente deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

-Curso básico de construccións metálicas (12 prazas)
-Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 prazas).
-Curso básico de electricista de edificios (12 prazas)
-Curso básico de hostalería (12 prazas)
-Curso básico de televenda (12 prazas)
-Iniciación á carpintería xeral (12 prazas)
-Curso básico de prevención de riscos laborais (25 prazas)
-Curso básico de primeiros auxilios (25 prazas)
-Curso básico de manipulador de alimentos (25 prazas)

Para obter máis información sobre os contidos dos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Concello de narón 981 337 700 ext. 1106 e 1107.

Solidariedade coas mulleres do mundo: a situación das mulleres en zonas de conflicto

Nova edición do Foro de Cidadás, a situación das mulleres en zonas de conflicto” e consistirá nunha conferencia e na proxección dun vídeo a cargo da Marcha Mundial das Mulleres. As participantes poderán asistir á proxección do vídeo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, e á curtametraxe documental “Crímenes Invisibles” de Wim Wenders, na que se lle dá voz ás mulleres do Congo.
A nova cita será o xoves 30 de setembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal do Alto. A finalidade do Foro de Cidadás é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres, onde establecer redes de apoio mútuo, compartir experiencias e intercambiar opinións. Ademáis, tamén serve como nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello, fomentando a participación das mesmas, e exercendo os seus dereitos.

O Concello pon a disposición pública un servizo de atención para as mulleres con persoas dependentes ou menores ó seu cargo, durante o tempo que dure o Foro. As interesadas deberán solicitalo no Concello, no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113) con 4 días de antelación.