Archivo de la etiqueta: electricista

DESEMPREGADOS DE NARÓN | CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN

“Camiño de Emprego” Trátase dunha serie de cursos (9 en total) dirixidos a persoas desempregadas que estean empadroadas no Concello de Narón. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ata o día 16 de outubro.

As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación: solicitude oficial (entrégase no Rexistro), unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, e o currículum vitae académico, de formación profesional e de experiencia laboral. Posteriormente deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

-Curso básico de construccións metálicas (12 prazas)
-Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 prazas).
-Curso básico de electricista de edificios (12 prazas)
-Curso básico de hostalería (12 prazas)
-Curso básico de televenda (12 prazas)
-Iniciación á carpintería xeral (12 prazas)
-Curso básico de prevención de riscos laborais (25 prazas)
-Curso básico de primeiros auxilios (25 prazas)
-Curso básico de manipulador de alimentos (25 prazas)

Para obter máis información sobre os contidos dos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Concello de narón 981 337 700 ext. 1106 e 1107.