A nova norma está recollida no artigo 33 (apartado 0) Nº. de boletín 187, o texto prohibe o
estacionamento de vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venda na vía pública. Considerarase que están nesta situación cando permanezan con carteis anunciadores e durante un tempo superior ás 24 horas nas vías públicas.
A multa está considerada coma unha infracción leve, cun coste de 90 euros para o seu destinatario, que poderá ser sancionado reiteradamente, ata que retire o vehículo da vía pública. A Deputación Provincial da Coruña será a encargada de tramitar as multas.
Artigo 33.Prohibicións.
Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento xeral de circulación, queda prohibido o estacionamento nos casos e lugares seguintes:
a) Onde o prohiban os sinais correspondentes.
b) Nun mesmo lugar da vía pública durante máis de 30 días consecutivos.
c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.
d) Nas zonas reservadas para estacionamento de vehículos de servizo público e organismos oficiais, servizos de urxencia ou policía.
e) Cando o vehículo estacionado deixe para a circulación rodada unha anchura libre inferior á dun carril de tres metros.
Seguir leyendo Prohibido exponer coches a la venta en la vía publica