Archivo de la etiqueta: O Val

Plan de ejercicio físico en las parroquias de Narón

150 personas inscritas que han empezado este mes a participar en el programa de educación física para la activación saludable organizado por la Concellería de Deportes en Narón.
Un programa de ejercicios que se desarrolla durante dos sesiones de 60 minutos cada una a la semana en parroquias del municipio como Piñeiros, O Val, San Mateo, el Alto, A Gándara, San Xiao, Xuvia, Sedes y Pedroso.

El programa va desde rutas de sendeirismo hasta gimnasia de mantenimiento o talleres de hábitos.

Más infromación o inscripción, en los teléfonos del Servizo Sociocomunitario Municipal 981 33 77 00 / extensión 1113 ó 1103.

4ª SEMANA DE GOLF ‘CIDADE DE NARÓN’

IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ que se desenvolve do 18 ó 27 de xuño no Campo de Golf de O Val. Trátase dun evento co cal se agarda atraer a numerosa xente ás instalacións do clube Campomar, que na actualidade contan cunha cifra aproximada de 390 socios.

As xornadas de portas abertas servirán para dar a coñecer este deporte e as instalacións das que se dispoñe en Narón para a súa práctica, tal e como explicou a Concelleira de Deportes. “Animo a tódalas persoas do noso concello a achegarse aquí e visitar estas intalacións, que son maravillosas”, declarou Natalia Hermida, quen agradeceu á directiva do clube o seu constante apoio e o traballo que realizan para fomentar esta práctica deportiva dende a infancia, abrindo o clube á sociedade en xeral.

O programa da Semana do Golf inclúe o VI Torneo Cidade de Narón (dias 18 e 19), o VI Campionato Infantil (dia 20), unha xornada e Golf Adaptado (dia 22, na que participarán membros da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e foron convidados tamén a participar membros da Asociación de Minusválidos), unha Xornada de Portas Abertas (dia 23), unha sesión de grabación e visionado da práctica de golf por parte dos socios (dia 25), o Torneo de Noveles (dia 26) e o IV Proam Concello de Narón (dia 27, coa entrega de trofeos prevista para as 18:00 horas).


ENCONTRO DE MAIORES EN PEDROSO 2010

O Concello organiza este evento na área recreativa de Pedroso con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ó longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón.O Encontro de Maiores está dirixido a persoas de máis de 60 anos de idade, empadroadas no Concello. Está pensado coma unha convivencia de persoas maiores arredor dun programa de actos que se desenvolve ó longo da xornada, e que inclúe actividades gastronómicas, unha exposición de traballos e de actividades feitas ó longo do curso, actuacións artístico-expresivas, xogos populares tradicionais, baile e actos protocolarios.

O programa de actos é o seguinte:

10:00 h.- Chegada de participantes (haberá 13 autobuses que percorrerán as parroquias e barrios de Narón para achegar ás persoas ata o lugar do encontro) *

10:30 h.- Demostración de actividades: aulas abertas de ioga, ximnasia e bailes de animación.

12:30 h.- Actuacións das cantareiras.

12:45 h.- Actuacións da Coral do Grupo de Maiores.

13:45 h.- Actuación do Grupo de Cancións de Animación.

13:30 h.- Clausura dos actos e acto de benvida a cargo do Alcalde de Narón.

14:00 h.- Xantar.

17:00 h.- Baile.

20:30 h.- Fin do encontro e regreso.

Ademáis destas actividades, durante toda a xornada haberá obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesanía e circuítos saudables.

A Concelleira de Maiores agradeceu a implicación e o apoio constante do movemento asociativo (asociacións de maiores e asociacións de veciños) de Narón na organización deste encontro, e animou a tódalas persoas destas idades a participar mañá no mesmo.

*Para facilitar o traslado dos participantes, sairán autobuses de diferentes puntos do municipio nos seguintes horarios:

9:30 h.- O Val e San Mateo (2 autobuses)
9:45 h.- Centros de Maiores, Alto do Castiñeiro e AVV Chafarís (2)
9:45 h.- Piñeiros e Freixeiro (2)
9:30 h.- Virxe do Mar e Xuvia (1)
9:30 h.- Santa Icía e A Gándara (2)
9:30 h.- Coral Municipal de Persoas Maiores (1)
9:30 h.- Centros de Maiores da Solaina e o Alto (2)
9:30 h.- San Xiao, Castro, e Sedes (1)

13ª EDICIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA

Foto de la web do concello de naron
Foto original en la web del concello de naron

13ª edición da recreación das Lendas da Pena Molexa, que se celebra no castro de Vilasuso (O Val).

Neste lugar gárdanse na memoria viva dos veciños unha serie de lendas de orixe indoeuropeo, que trasmítense por vía oral e que narran a historia dunha Pena ou rocha que se converte en fada ou doncella –segundo as distintas versións da lenda- na noite solsticial do verán, e a das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, na mesma noite.

Todas elas serán representadas polos veciños desta parroquia na noite do día 19 de xuño, na que se espera a participación aproximada de 1.500 persoas. O programa das Lendas da Pena Molexa ten como obxectivo conquerir a participación veciñal neste evento, a través da súa organización e deseño. Así, a Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val, a Asociación de Mulleres Zarabanda e a Cooperativa do Val traballaron xunto co Padroado de Cultura para desenvolver o seguinte programa de actos na tarde-noite do día 19 de xuño:

  • -18:00 horas.- Xogos populares e deporte rural.
  • -20:00 horas.- Churrascada popular (haberá que pagar un prezo simbólico).
  • -22:00 horas.- Concerto de música popular a cargo do grupo “A Roda”.
  • -00:00 horas.- Lenda da Fada da Pena Molexa.
  • -00:30 horas.- Lumeirada e repichoca popular.

O programa das Lendas da Pena Molexa está promovido polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, que colabora cunha achega de 18.000 euros. O Concelleiro de Cultura destacou a participación das entidades veciñais neste evento, e convidou a tódala cidadanía a achegarse ata a parroquia valexa para disfrutar desta noite máxica. Pola súa vanda, a secretaria da asociación de mulleres Zarabanda, Lucía García, e o presidente da AVV do Val, Marcelino Montero, agradeceron ó Concello a súa colaboración, e tamén ós propietarios dos terreos onde se levan a cabo as representacións das lendas, que os ceden desinteresadamente para celebrar os actos.