Archivo de la etiqueta: paseo

XUVIÑO 2011

Se celebrará os días 17, 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Está prevista a instalación de 15 bodegas de viño, cada unha dela con dous stands se instalarán por duplicado, nos paseos de Narón e de Neda.

‘Xuviño 2011’ contará con viños con denominación de orixe de Ribeiro, Albariño, Rioja e Rivera del Duero, entre outros.
O horario de apertura será de 11 a 22 horas, ininterrumpidamente. Para poder acceder ás bodegas e probar os caldos, haberá que mercar tickets cuxo prezo é de 1€ por consumición.

Aparte, haberá que pagar 1€ por empregar a copa na que se probarán os viños.

FESTAS DE VERÁN «NARÓN 2010»

Os festexos de verán que terán lugar no municipio do 15 ó 18 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. Tódalas actuacións serán gratuitas, e a partires das 18:00 horas haberá unha feira de artesanía no propio paseo.

O calendario de Festas é o seguinte:

Xoves 15 de xullo
22:00 horas: actuación da Orquestra América.
23:30 horas: actuación do grupo Mago de Oz .
01:30 horas: actuación da Orquestra América.

Venres 16 de xullo
23:00 horas: Miguel Bosé en concerto.

Sábado 17 de xullo
21:00 horas: XX Festival Internacional de Folclore (coa participación de Illa Martinica, Senegal, Indonesia, España e Galicia).
23:00 horas: Sesión de fogos artificiais.

Domingo 18 de xullo
20:00 horas: Festival Folc con Mercedes Peón, e Berrogüeto.

As festas están organizadas pola Concellería de Festas de Narón e o Padroado de Cultura, en colaboración co Xacobeo 2010 e a Deputación de A Coruña.