Archivo de la etiqueta: Praza

ENTROIDO EN NARON 2013

Programación para o festival de comparsas 2013, que como o ano pasado, celebrarase no Pazo da Cultura, o sábado 9 de Febreiro.

  • 17:00 h, Concentración de Comparsas na Praza de Galicia,
  • 17:30 h: Saída das Comparsa cara o Pazo da Cultura (podedes ver o percorrido no cartaz)
  • 18:00 h. Inicio do Festival no Pazo da Cultura.entroido-naron-2013

A entrada é de balde, xa podedes retirar os vosos billetes na billeteira do Pazo no horario habitual, máximo 4 entradas por persoa.

 

NADAL NARÓN 2010

As actividades están pensadas para tódolos públicos, e se desenvolverán baixo carpa climatizada na Praza de Galicia. O primeiro evento será o 2º Encontro Moteiro Solidario “Todos con una sonrisa” organizado polo Moto Club Fojeteiros (existe unha páxina en Facebook sobre este evento) e o bar Ruta 66 (C/Alcalde Usero, Ferrol), en colaboración co Concello de Narón.

Santi Galego, membro do Clube Fojeteiros, explicou hoxe o programa do evento, que ten como obxectivo final a recollida de xoguetes e especialmente alimentos, que se destinarán a Cáritas para o seu reparto entre as familias máis necesitadas. O encontro partirá do bar Ruta 66, realizando un percorrido aínda sen pechar por diferentes rúas de Ferrol e Narón, para terminar na Praza de Galicia.

Neste lugar, a partir das 18:30 horas, se desenvolverán unha serie de concertos musicais solidarios nos que participarán os grupos Que Cunda o Pánico!, La Durango Express, M&M,s Band, e El desván de Gloria. No transcurso dos mesmos realizarase un inciso (sobre as 20:30 horas) e será cando se entreguen a Cáritas os alimentos e xoguetes recadados. Santiago Galego fixo un chamamento á colaboración cidadá para donar “máis ben alimentos, xa que xoguetes estanse a recoller en boa cantidade. Precísanse alimentos básicos coma azucar, leite ou aceite”, sinalou. As doacións poden facerse nun espazo habilitado no Centro Comercial de Narón, no bar Ruta 66 ou ben o mesmo día do Encontro Solidario.

A programación de festas do Concello contempla a realización de Festivais Infantís dende o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro na Praza de Galicia, en horario de 16:30 a 20:30 horas, seguindo este calendario:

Dia 27: Festival Infantil con atraccións inchables, toro mecánico e música. Reparto de caramelos e globos para os asistentes.

Dia 28: Pista de Kars a pedales, e atraccións inchables.

Dia 29: Atraccións infantís.

Dia 30: Obradoiros de maquillaxe, globoflexia, e manualidades navideñas. Festival Infantil co grupo Diver Show, no que actuarán os paiasos Flipi e Flopo.

Dia 2: Atraccións infantís.

Dia 3: Atraccións infantís.

Dia 4: Recibimento ós Reis Magos (ás 17:00 horas) e atraccións inchables.

Tódolos días haberá un mercadillo solidario promovido pola ONG Lena.

Ademáis, o Concello de Narón volve a organizar como de costume a tradicional Festa de Fin de Ano. Haberá unha carpa de 1.200 m2 de superficie, na que se instalarán mesas e cadeiras, ademáis dun servizo de cafetería, e calefacción. Actuarán as orquestras Foliada e Galilea, e sobre as 04:00 horas servirase caldo limpo. A entrada é de balde, e o Concello tamén cederá para esa noite o aparcamento subterráneo do Centro Comercial de Narón, situado baixo a Praza de Galicia.

Escomenzado o ano novo, celebrarase o dia 5 de xaneiro o concerto “Noite de reis, noite de rock and roll” no que actuará de teloneiro o grupo Riff Raff, e tamén participará outra banda aínda sen anunciar. Para asistir a este festival é preciso contar con invitación, que se entregará gratuitamente en tódolos locais de hostelería de Narón, xa que son os propios hosteleiros os que organizan o evento.

PANTALLA XIGANTE NA PRAZA DE GALICIA PARA VER A FINAL DO MUNDIAL DE FÚTBOL

Concello de Narón instalará el domingo dia 11 de xullo unha pantalla de televisión xigante na Praza de Galicia –frente á Casa Consistorial- para seguir a final do Mundial de Fútbol de Sudáfrica 2010, que enfrentará a España contra Holanda.

Ademáis, colocaranse un total de 1.000 cadeiras para que os naroneses e naronesas que así o elixan, poidan ver o partido sentados. Tamén haberá capacidade para que perto de 4.000 persoas máis sigan a final do Mundial de pé, na céntrica praza naronesa.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, convidou a tódolos veciños e veciñas do municipio a seguir a festa do fútbol en compañía, animando á Selección Española e creando ambente na Praza de Galicia a partires das 20:30 horas.