Archivo de la etiqueta: proam

4ª SEMANA DE GOLF ‘CIDADE DE NARÓN’

IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ que se desenvolve do 18 ó 27 de xuño no Campo de Golf de O Val. Trátase dun evento co cal se agarda atraer a numerosa xente ás instalacións do clube Campomar, que na actualidade contan cunha cifra aproximada de 390 socios.

As xornadas de portas abertas servirán para dar a coñecer este deporte e as instalacións das que se dispoñe en Narón para a súa práctica, tal e como explicou a Concelleira de Deportes. “Animo a tódalas persoas do noso concello a achegarse aquí e visitar estas intalacións, que son maravillosas”, declarou Natalia Hermida, quen agradeceu á directiva do clube o seu constante apoio e o traballo que realizan para fomentar esta práctica deportiva dende a infancia, abrindo o clube á sociedade en xeral.

O programa da Semana do Golf inclúe o VI Torneo Cidade de Narón (dias 18 e 19), o VI Campionato Infantil (dia 20), unha xornada e Golf Adaptado (dia 22, na que participarán membros da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e foron convidados tamén a participar membros da Asociación de Minusválidos), unha Xornada de Portas Abertas (dia 23), unha sesión de grabación e visionado da práctica de golf por parte dos socios (dia 25), o Torneo de Noveles (dia 26) e o IV Proam Concello de Narón (dia 27, coa entrega de trofeos prevista para as 18:00 horas).