Archivo de la etiqueta: Unha

Xornada de economía social en Narón

O Centro de Desenvolvemento Cooperativo Narón, Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa Do Val, desenvolverá mañá de 9.30 ás 13.30 unhas xornadas sobre cooperativas e sociedades laborais.
Persoas Destinatarias:
Público en xeral.


Obxetivo:
Ofrecer unha visión xeral sobre o cooperativismo e as sociedades laborais como
alternativas viables e interesantes de emprego.
Programa:
09:30 – 09:45h Recepción dos asistentes e entrega de documentación
09:45 – 11:00h Cooperativismo e sociedades laborais: Principais diferenzas
con outros modelos empresariais.
11:00 – 13:00 h Mesa de experiencias con dúas cooperativas e dúas sociedades laborais.
13:00 – 13:30h Debate e preguntas

 

DATA   06/10/2011 HORARIO  09:30 H – 13:30 H.

LUGAR DE REALIZACIÓN  Centro de Desenvolvemento Cooperativo Narón.

Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa Do Val.

TELÉFONO  981 36 35 56/ 617 714 265

enderezo electrónico  eusumo.naron@eusumo.coop

XUVIÑO 2011

Se celebrará os días 17, 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Está prevista a instalación de 15 bodegas de viño, cada unha dela con dous stands se instalarán por duplicado, nos paseos de Narón e de Neda.

‘Xuviño 2011’ contará con viños con denominación de orixe de Ribeiro, Albariño, Rioja e Rivera del Duero, entre outros.
O horario de apertura será de 11 a 22 horas, ininterrumpidamente. Para poder acceder ás bodegas e probar os caldos, haberá que mercar tickets cuxo prezo é de 1€ por consumición.

Aparte, haberá que pagar 1€ por empregar a copa na que se probarán os viños.

DESEMPREGADOS DE NARÓN | CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN

“Camiño de Emprego” Trátase dunha serie de cursos (9 en total) dirixidos a persoas desempregadas que estean empadroadas no Concello de Narón. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ata o día 16 de outubro.

As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación: solicitude oficial (entrégase no Rexistro), unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, e o currículum vitae académico, de formación profesional e de experiencia laboral. Posteriormente deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

-Curso básico de construccións metálicas (12 prazas)
-Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 prazas).
-Curso básico de electricista de edificios (12 prazas)
-Curso básico de hostalería (12 prazas)
-Curso básico de televenda (12 prazas)
-Iniciación á carpintería xeral (12 prazas)
-Curso básico de prevención de riscos laborais (25 prazas)
-Curso básico de primeiros auxilios (25 prazas)
-Curso básico de manipulador de alimentos (25 prazas)

Para obter máis información sobre os contidos dos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Concello de narón 981 337 700 ext. 1106 e 1107.

4ª SEMANA DE GOLF ‘CIDADE DE NARÓN’

IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ que se desenvolve do 18 ó 27 de xuño no Campo de Golf de O Val. Trátase dun evento co cal se agarda atraer a numerosa xente ás instalacións do clube Campomar, que na actualidade contan cunha cifra aproximada de 390 socios.

As xornadas de portas abertas servirán para dar a coñecer este deporte e as instalacións das que se dispoñe en Narón para a súa práctica, tal e como explicou a Concelleira de Deportes. “Animo a tódalas persoas do noso concello a achegarse aquí e visitar estas intalacións, que son maravillosas”, declarou Natalia Hermida, quen agradeceu á directiva do clube o seu constante apoio e o traballo que realizan para fomentar esta práctica deportiva dende a infancia, abrindo o clube á sociedade en xeral.

O programa da Semana do Golf inclúe o VI Torneo Cidade de Narón (dias 18 e 19), o VI Campionato Infantil (dia 20), unha xornada e Golf Adaptado (dia 22, na que participarán membros da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e foron convidados tamén a participar membros da Asociación de Minusválidos), unha Xornada de Portas Abertas (dia 23), unha sesión de grabación e visionado da práctica de golf por parte dos socios (dia 25), o Torneo de Noveles (dia 26) e o IV Proam Concello de Narón (dia 27, coa entrega de trofeos prevista para as 18:00 horas).