Archivo de la etiqueta: xu

XUVIÑO 2011

Se celebrará os días 17, 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Está prevista a instalación de 15 bodegas de viño, cada unha dela con dous stands se instalarán por duplicado, nos paseos de Narón e de Neda.

‘Xuviño 2011’ contará con viños con denominación de orixe de Ribeiro, Albariño, Rioja e Rivera del Duero, entre outros.
O horario de apertura será de 11 a 22 horas, ininterrumpidamente. Para poder acceder ás bodegas e probar os caldos, haberá que mercar tickets cuxo prezo é de 1€ por consumición.

Aparte, haberá que pagar 1€ por empregar a copa na que se probarán os viños.

Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un Microcrédito

Curso “Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito”
Narón: 28, 29 y 30 de xuño (sesións formativas), 1 de xullo (titorías individuais)
 

Destinatarios/as: persoas cunha idea de negocio ou que estén valorando a posibilidade
de iniciar unha actividade de autoemprego e que queiran avaliar a súa viabilidade. 
15 horas de formación e asesoramento empresarial, distribuidas en 3 xornadas de 9 a 14 horas. 

 Lugar de realización: Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz”, no Polígono da Gándara, Av. Do Mar, parcela 112.
15 prazas dispoñibles: no caso de que o número de solicitudes de inscrición sexa superior ás prazas dispoñibles realizarase un proceso de selección. 
Inscricións: ate o 24 de Xuño, entregando o formulario de inscrición no Rexistro do Concello, en horario de 8,30 a 13 horas.
Máis información: Oficina da Técnica Municipal de Emprego, Tlf 981 337700 extensión 1123, Obra Social Caixa Galicia, Tlf 981 186 510, ou no site http://microcreditos.caixagalicia.es 
Aportámoslle valor engadido á formación: 
Atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. 
Contidos teóricos e exercicios prácticos, organizados en 5 módulos temáticos. 
Módulos
Identificación de oportunidades de negocio e definición da idea empresarial (2 horas)
A viabilidade comercial (4 horas) A viabilidade económica (4 horas) A viabilidade financeira(4 horas)
Aspectos legais da creación de empresas e subvencións (1 hora) 
Facilitarase unha aplicación informática de cálculo para elaborar o plan de empresa, fichas de traballo e outros materiais. 
Asesoramento empresarial complementario ao curso: 1 hora de titoría individual por alumno/a ao finalizar o curso. 
  Microcréditos Caixa Galicia: as persoas que necesiten financiamento e finalicen o seu Plan de Empresa con resultado viable, poderán presentar a súa solicitude de microcrédito en Caixa Galicia:
–  Destinatarios/as: persoas con dificultades de acceso ao financiamento bancario
convencional por insuficiencia de garantías ou avais.
–  Importe máximo: 25.000 €.
–  Tipo de xuro: 4%  fixo  (sen gastos de apertura, de estudo, nin de cancelación
anticipada)
–  Prazo de amortización: máximo 5 anos, ata 6 meses de carencia opcionais. 
 

Via|Web del Concello de Naron

A Asociación de Comerciantes Narón sortea 300 euros en vales de compra

La  Asociación de Comerciantes de Narón  repartirá 300 euros en vales de compra entre os clientes dos comercios vinculados á entidade -terán un cartel identificativo- para premiar a súa fidelidade.


Seguir leyendo A Asociación de Comerciantes Narón sortea 300 euros en vales de compra